SAÚDA DO ALCALDE
Este ano, a Feira do Queixo e Pan de Ousá chega a maioría de idade. Neste 2010 celebramos a 18ª edición da Feira, podendo dicir que os tempos da súa mocidade remataron xa. Naceu aló polo ano 1993 e como calquera neno ou nena, foi medrando con saúde ano tras ano ata chegar agora a esa idade na que as persoas acadan o seu máximo esplendor.
Así, a Feira do Queixo e Pan de Ousá chega tamén a esa idade convertida nunha Feira xa arraigada e consolidada na totalidade das terras galegas e mesmo fóra da nosa comunidade.
Durante todos estes anos, a Feira foi o evento máis importante que se veu celebrando en Friol, onde milleiros de persoas, edición tras edición, encheron cada recuncho do pobo de Friol e onde as nosas queixeiras e os nosos panadeiros comercializaron, tamén en todas as edicións, a totalidade dos seus produtos. Uns produtos naturais, elaborados co agarimo e a experiencia dunhas mans artesanais que fixeron dos nosos produtos estrela, o Queixo e o Pan de Ousá, uns pilares básicos na economía e na difusión do noso Concello no resto de Galicia e ata de Asturias e León.
Esperamos que esta edición, un ano máis, acade o mesmo éxito que todas as anteriores e a nosa Feira siga sendo un referente dentro de todos cantos eventos de exaltación gastronómica se celebran na Comunidade Galega.
O Alcalde, en nome da Corporación Municipal desexa a todos os veciños de Friol e a todos os visitantes un feliz día de Feira e unha agradable estancia entre nós.
Antonio Muiña Pena
Alcalde de Friol.
XVIII FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ
DOMINGO, 21 DE MARZO DE 2010
PROGRAMA DE ACTOS
Ás 10:00 horas: Lanzamento de foguetes de artificio anunciando o comezo da feira.
Ás 10:30 horas: Asignación de Stands.
Ás 11:30 horas: Apertura da feira
CHARANGOS de NEDA,
CHARANGA de VILALBA e
“BANDA das ANGUSTIAS de FERROL”
que continuarán ata as 14:30 horas.
Ás 20:00 horas: Comezo da Festa coa actuación da Orquesta
“GRAN PARADA”
Ás 12 da noite: Remate dos actos desta “XVIII FEIRA DO QUEIXO E PAN DE OUSÁ”
Descargue o Pdf