Voltar o Inicio
"Un concello que coñecer"
Separador
friol Tablón Municipal
XXI FESTA DOS REIS MAGOS DE ORIENTE
(04/01/2012)
O Concello de Friol, un ano máis organiza unha GRANDE FESTA para darlles a benvida aos REIS MAGOS DE ORIENTE que nos visitarán o xoves día 5 de xaneiro.
Tódolos/as nenos e nenas ata os catorce anos de idade están convidados/as á esta FESTA que se celebrará no POLIDEPORTIVO MUNICIPAL a partir das 5 da tarde.
Ademais de entregarlles a carta aos Reis Magos, poderán disfrutar da música, dos xogos, dos agasallos e sorteos durante toda a tarde. Como en anteriores edicións os hinchables estarán moi concorridos, non faltarán os caramelos, globos e serpentinas para todos, ademais do tradicional carbón.
Na entrada, os paxes que acompañan aos Reis faranlles entrega aos que se acheguen dunha bolsa con diferentes agasallos, ademais dunha rifa para o sorteo final de festa, onde se reparten distintos xogos educativos, libros, monecas, puzles … e varias bicicletas.
Como recordo da visita das súas maxestades os nenos e nenas poderán inmortalizar a ocasión cunha fotografía, ao tempo que lles entregan a carta e lles fan as últimas peticións.
Esperamos que todos/as se portaran ben o ano pasado, para que a xenerosidade dos Reis Magos deixe en Friol moitos agasallos e pouco carbón.
ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS OBRADOIRO DE EMPREGO
(28/12/2011)
A CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR, BEATRIZ MATO,  CLAUSUROU O OBRADOIRO DE EMPREGO “A GÁNDARA”
         Hoxe, día 28 de decembro de 2011, o Alcalde Antonio Muiña, acompañado da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato e do Director Xeral de Promoción do Emprego Andrés Hermida fixeron entrega dos diplomas aos 24 alumnos/as (6 de axuda a domicilio, 6 en carpintería metálica e 12 en albanelería) que participaron no Obradoiro de Emprego durante o 2011, xunto con tres monitores, un director e unha administrativa.
      Este programa mixto de formación e emprego cofinanciado polo Concello de Friol e a Xunta, cun investimento de 519.000 € da Consellería de Traballo e Benestar, supuxo ademais da redución dos parados/as do municipio, a construción dunha nave para usos múltiples na parcela nº 30 do parque empresarial da localidade, e un Centro Social na parroquia de Nodar, ademais da execución de labores de atención sociosanitaria en dous centros residenciais para a terceira idade na cidade de Lugo.
friol Destacados
Acceso a Galería Acceso a Emprego
Acceso a Ordenanzas Municipais Acceso a Perfíl do Contratante
Separación
Saudo do Alcalde

friol Outras Novas

friol Acto de inauguración do céspede artificial do campo
(13/12/2011)
friol CURSO DE XIMNASIA DE MANTEMENTO
(04/11/2011)
friol Excursión de maiores á comarca do Salnés
(26/08/2011)
friol APERTURA DO PRAZO DE INSCRIPCIÓN DO P.A.I.
(11/08/2011)

friol Accesos rápidos

Acceso a Parroquias
Acceso a Prestacions
Acceso a Hostaleria
Decoración Pie de web